Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2012 Páx. 33151

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre a separación do director desta autoridade portuaria.

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, na súa sesión ordinaria do 31 de xullo de 2012, de conformidade co disposto no artigo 33.1 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, acordou:

Separar como director da Autoridade Portuaria de Vigo a Luis Lara Rubido, agradecéndolle os servizos prestados.

Nomear como directora en funcións da Autoridade Portuaria de Vigo a Beatriz Colunga Fidalgo, ata o nomeamento do novo director.

Vigo, 6 de agosto de 2012

Ignacio López-Chaves Castro
Presidente da Autoridade
Portuaria de Vigo

José Ramón Costas Alonso
Secretario da Autoridade
Portuaria de Vigo