Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2012 Páx. 32817

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación para a contratación da xestión do centro de día municipal de Sanxenxo, mediante a modalidade de concesión.

Aprobado o prego de prescricións técnicas, o de cláusulas administrativas particulares e máis o proxecto para a contratación da xestión do centro de día municipal de Sanxenxo, mediante a modalidade de concesión, anúnciase a convocatoria respectiva.

1. Obxecto: contrato da xestión do centro de día municipal de Sanxenxo.

2. Prezo:

a) Prezo máximo por usuario e mes do centro: 473,14 euros sen IVE.

b) Prezo máximo por usuario e mes do transporte: 50,00 euros sen IVE.

3. Duración do contrato: catro (4) anos, sen posibilidade de prórroga.

4. Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios de valoración. Tramitación: ordinaria.

5. Prazo de presentación de ofertas: quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio, sexa esta no BOP, DOG ou no perfil do contratante.

6. Lugar de presentación das ofertas: dirixidas á alcaldesa, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo, rúa Consistorio, 4; CP 36960 Sanxenxo, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres e das 9.00 ás 13.00 horas aos sábados. Faise constar que se o prazo remata en festivo ou sábado, ampliarase ao día hábil seguinte que non sexa sábado.

7. Mesa de contratación: será constituída consonte o disposto nas cláusulas 11ª, 12ª e 13ª dos pregos respectivos.

8. Condición específica de solvencia técnica: acreditación de estar debidamente inscrito o licitador no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais dependente da consellería competente en materia de asuntos sociais da Xunta de Galicia, dentro da área de maiores, conforme o disposto no RAIS.

9. Garantías: provisoria non se exixe. Definitiva o 5 % do prezo da adxudicación.

10. Criterios de adxudicación: serán os definidos nas cláusulas 8ª e 9ª dos pregos respectivos.

11. Entidade e información: Concello de Sanxenxo - Negociado de Contratación. Telf.: 986 72 00 75.

12. Documentación: recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web
www.sanxenxo.es no perfil de contratante.

Sanxenxo, 8 de agosto de 2012

Catalina González Bea
Alcaldesa