Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2012 Páx. 32805

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2012 pola que se anuncia a licitación por procedemento aberto dos expedientes 2012/CSUA1/000012, 2012/CSUA1/000013, 2012/CSUA1/000014 e 2012/CSUA1/000015.

Anúnciase a licitación, por procedemento aberto e trámite ordinario, dos seguintes expedientes:

Subministracións:

– Expediente: 2012/CSUA1/000012.

Obxecto: espectrómetro ICP-MS con cromatógrafo de líquidos de alta resolución HPLC con destino á Facultade de Química.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 212.803,69 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 6.384,11 euros.

Prazo de execución: 2 meses desde a sinatura do contrato.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Este expediente foi enviado ao DOUE o 1 de agosto de 2012.

Expediente incluído no proxecto de infraestrutura científica UNST10-1E-1195, financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade con fondos Feder.

– Expediente: 2012/CSUA1/000013.

Obxecto: renovación de equipamento da rede de datos da USC fase 2-ano 2012.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 38.000 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 1.140 euros.

Prazo de execución: máximo 1 mes desde a sinatura do contrato.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

– Expediente: 2012/CSUA1/000014.

Obxecto: unidade de calorimetría isotérmica ultraestable para o edificio Cactus do Campus de Lugo (3 lotes):

Lote 1: unidade multicanle de calorimetría isoterma.

Lote 2: unidade de calorimetría de varrido diferencial simultáneo con análise termogravimétrica e espectrometría de infravermello mediante transformada de Fourier.

Lote 3: unidade de calorimetría isoterma de valoración (ITC).

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: 250.000 euros, IVE non incluído (lote 1: 120.000, lote 2: 65.000 e lote 3: 65.000).

Garantía provisional: 3.600 euros para o lote 1, 1.950 euros para o lote 2 e 1.950 euros para o lote 3.

Prazo de execución: 2 meses desde a sinatura do contrato.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Este expediente foi enviado ao DOUE o 1 de agosto de 2012.

Expediente incluído no proxecto de infraestrutura científica UNST10-1E-1208, financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade con fondos Feder.

– Expediente: 2012/CSUA1/000015.

Obxecto: evolución da infraestrutura de voz da USC mediante migración de 840 extensións da rede de voz da USC de tecnoloxía TDM a tecnoloxía IP.

Localidades: Santiago de Compostela, Lugo e Ferrol (Estación de Bioloxía Mariña da Graña).

Provincias: A Coruña e Lugo.

Importe de licitación: 155.000 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 4.650 euros.

Prazo de execución: 1 mes para os bloques 1 e 2 e 2 meses para o bloque 3, segundo se indica na cláusula 3.2 do prego de prescricións técnicas.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita os expedientes: Servizo de Xestión Económica.

c) Número dos expedientes: os arriba indicados.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: os arriba indicados.

b) Número de unidades para entregar/executar: as especificadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de entrega/execución: os citados anteriormente.

d) Prazo de entrega/execución: os mencionados anteriormente.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: os indicados anteriormente.

5. Garantía.

Provisional: as citadas anteriormente.

6. Obtención de documentación.

A documentación para participar no procedemento aberto poderá ser consultada ou descargada na páxina web www.usc.es/contratacion, correo electrónico mailto:contratacion@usc.es

Obtención de información:

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Casa da Balconada, Servizo de Xestión Económica.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

d) Teléfonos: 881 81 12 60, 881 81 12 61, 881 81 12 63, 881 81 12 64.

e) Fax: 881 81 13 66.

f) Enderezo web: www.usc.es/contratacion

g) Data límite de obtención de documentos e información: ás 14.00 horas do 14 de setembro de 2012.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

Clasificación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do 14 de setembro de 2012.

b) Documentación que se ten que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación. Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rexistro Xeral (Reitoría).

Domicilio: praza do Obradoiro, s/n.

Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

Ou en:

Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rexistro Xeral (Edificio Servizos Administrativos-Biblioteca Intercentros, polígono de Fingoi, s/n).

Domicilio: Campus Universitario.

Código postal e localidade: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela. Casa da Balconada.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: sobre B: 26 de setembro de 2012; sobre C: 10 de outubro de 2012.

e) Hora: trece horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2012

P.D. (Resolución 1.8.2011; DOG do 18 de agosto)
María Lourdes Batán Aira
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela