Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2012 Páx. 32798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2012, da Xerencia da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a contratación de xestión e explotación dun espazo anexo ao Hospital Provincial de Pontevedra na confluencia da rúa Loureiro Crespo e rúa da Historia mediante un aparcadoiro en superficie de uso público, mediante procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria, reservado a centro especial de emprego, de acordo coa disposición adicional 5ª do texto refundido da Lei de contratos do sector público (AB-EIP1-12-005).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2. Domicilio: avda. de Vigo, 16.

3. Localidade e código postal: Pontevedra, 36003.

4. Teléfono: 986 88 51 33.

5. Telefax: 986 88 58 85.

6. Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborais, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIP1-12-005.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: ocupación demanial.

b) Descrición: xestión e explotación dun espazo anexo ao Hospital Provincial de Pontevedra na confluencia da rúa Lourerio Crespo e rúa da Historia mediante un aparcadoiro en superficie de uso público.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Hospital Provincial.

1. Domicilio: r/ Loureiro Crespo nº 2.

2. Localidade e código postal: Pontevedra, 36001.

e) Prazo de execución/entrega: 120 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se for o caso: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Canon anual mínimo de explotación:

Sete mil cincocentos euros (7.500,00 €).

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se for o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se for o caso: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, rematará o día hábil seguinte) ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.

b) Modalidade de presentación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro da estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2. Domicilio: r/ Loureiro Crespo, 2.

3. Localidade e código postal: Pontevedra, 36001.

4. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase á apertura do sobre nº 2 dando lectura ás propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: Pontevedra, 36003.

d) Data e hora: a data e a hora de celebración da apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es

9. Gastos de publicidade: a cargo do adxudicatario ou adxudicatarios. O importe estimado máximo, salvo revisión tarifas, DOG: 5,42 €/liña (se é urxente: 10,82 €/liña).

Pontevedra, 12 de xullo de 2012

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés