Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2012 Páx. 32790

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 30 de xullo de 2012 pola que se notifica a proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador coa clave 12-19-12-51.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 112, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador que se cita por presunta infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos aprobado por Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Para os efectos do disposto no artigo 58 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícase ao interesado a posta de manifesto dos documentos que constan no procedemento nas oficinas dos servizos centrais de Portos de Galicia, sitos no edificio de Área Central, praza de Europa, 5A-6º, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, a fin de que poidan obter copia dos que consideren convenientes, e concédeselles, así mesmo un prazo de 15 días contados desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, para que formulen alegacións e presenten os documentos e informacións que consideren pertinentes ante o instrutor.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción e en virtude do disposto no artigo 39.1.a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG nº 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.

O pagamento voluntario porá fin ao expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BHS e Novagalicia Banco), empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera destas entidades bancarias.

E para que conste e sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2012

Jesús Javier Fernández Barro
Xefe da División Xurídica

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 12-19-12-51

3067-BDT

Celador do porto

Fernando Palomanes Ferreiro.

Avda. Pasaje, 32, BQ 9-1º D

15006 A Coruña

Estacionamento prohibido.

5.4.2012; 20.15 horas

Malpica (A Coruña)

Art. 306.1.a) Real decreto lexislativo 2/2011 TRLPEMM

Arts. 17 e 64

OM 12.6.1976

Art. 312 Real decreto lexislativo 2/2011 TRLPEMM

90,15 €