Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2012 Páx. 32557

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre o Plan especial de dotacións EL/ZV/08 eixe avenida de Castelao-Europa (expediente 11482/411).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 6 de xullo de 2012, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial de dotacións EL/ZV/B-08, de iniciativa municipal, consonte a documentación elaborada pola sociedade Fraga G. Quijada Portolés e Asociados, S.L.P., con data de febreiro de 2012.

Segundo. Ordenar a apertura dun período de información pública polo prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia, e notificar de forma individual e simultánea aos propietarios dos terreos afectados.

Durante o mesmo prazo solicitáronse das administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten preceptivos.

Terceiro. Publicar o acordo de aprobación inicial e apertura do período de información pública na páxina da internet municipal, así como os documentos integrantes do Plan especial de dotacións EL/ZV/B-08, e solicitar informe dos departamentos municipais de Tráfico e Parques e Xardíns no tocante aos servizos da súa competencia.

Vigo, 18 de xullo de 2012

(Resolución 13.7.2012)
Carlos López Font
Vicepresidente da Xerencia Municipal de Urbanismo