Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2012 Páx. 32550

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de información pública sobre licenza municipal para ampliación de estación de servizo.

Solicitada por Campsa Estaciones de Servicio, S.A. licenza municipal para a instalación e apertura da actividade de ampliación de estación de servizo (depósito de GLP), na estrada C-646, p.q. 2,00, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que poida examinarse o expediente no Negociado de Licenzas deste concello e formularse por escrito as reclamacións e ou observacións que se consideren oportunas, de conformidade co disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental.

Ferrol, 29 de maio de 2012

Guillermo Evia Pérez
Concelleiro delegado da Área de Medio Ambiente, Urbanismo, Servizos e Seguridade