Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2012 Páx. 32489

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (906/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 906/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Coruñesa de Arrendamientos, S.L. sobre ordinario, ditouse a resolución cuxo encabezamento e ditame é do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 13 de xullo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 906/2010, sendo demandante a Fundación Laboral de la Construcción, coa representación do letrado Sr. Núñez Fernández, e demandada a empresa Coruñesa de Arrendamientos, S.L.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta pola Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Coruñesa de Arrendamientos, S.L., e, en consecuencia, condeno esta última a aboar á Fundación Laboral de la Construcción a cantidade de 227,42 euros que lle debe.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de cédula de notificación a Coruñesa de Arrendamientos, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

A Coruña, 19 de xullo de 2012

A secretaria xudicial