Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2012 Páx. 32520

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 20 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican diversas resolucións de recursos de alzada xestionadas nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, coas resolucións ditadas nos procedementos instados polos interesados, publícase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, o contido das resolucións, contra as que se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a xurisdición competente no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte á data desta publicación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No prazo dun mes e de acordo co referido no artigo 61 da antedita Lei 30/1992, poderán comparecer persoalmente ou debidamente representados, na Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña (Salvador de Madariaga, 9, 1º andar), para os efectos do coñecemento do texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

A Coruña, 20 de xullo de 2012

Luis Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

DNI/NIE/Pas.

Nº expediente

Resolución

Concello

Víctor López Pereira

44828307-L

15/002/0026/11

Recurso desestimado

Ames

Yéssica Prieto López

33994530-R

15/030/0694/11

Recurso desestimado

A Coruña