Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2012 Páx. 32517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 12 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica e centro de transformación na explotación mineira Grupo Mineiro Santa Comba, no concello de Santa Comba (expediente GM Santa Comba).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica e centro de transformación que se cita:

Explotación: Grupo Mineiro Santa Comba.

Solicitante: Incremento Grupo Inversor, S.L.

Domicilio social: Minas de San Fins, 1-Santa Eulalia de Vilacoba, 15212 Lousame (A Coruña).

Denominación: liña de media tensión e centro de transformación de 1.600 kVA para mina en Santa Comba.

Situación: Varilongo, concello de Santa Comba.

Características técnicas:

● Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 131.65 m, coa orixe no apoio 87-A-1 existente na liña Santa Comba 5-subestación Carballo 20 kV, pase aéreo-subterráneo, liña soterrada de 11 m de lonxitude e final no centro de transformación proxectado.

● Centro de transformación, cunha potencia de 1.600 kVA e relación de transformación 20.000/420 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións na Sección de Minas desta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2-1º e 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da súa publicación.

A Coruña, 12 de xullo de 2012

Por ausencia (Artigo 39.3, Decreto 324/2009; DOG nº 117, do 17 de xuño)
Juan I. Lizaur Otero
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas