Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2012 Páx. 32367

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica LMT e CT PS Muñoz Calero 0009, no concello de Ribadavia (expediente IN407A 2012/32-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT e CT PS Muñoz Calero 0009.

Situación: Ribadavia.

Descricións técnicas: LMT subterránea a 20 kV de 160 m, con condutor RHZ1, con entrada e saída no CT proxectado Muñoz Calero II de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V e con orixe na LMT ao CT estrada de Vigo e remate na LMT ao CT Muñoz Calero. Orzamento: 28.737,96 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 18 de xullo de 2012

P.S.L. (Decreto 324/2009, do 11 de xuño)
A. Tomás Paz Doníz
Xefe do Servizo de Administración Industrial