Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2012 Páx. 32353

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 20 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a Decisión do 19 de xullo de 2012 de non someter o Plan de sectorización do solo apto para urbanizar de uso industrial, Leche Celta, S.L., concello de Pontedeume, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter o Plan de sectorización do solo apto para urbanizar de uso industrial, Leche Celta, S.L., concello de Pontedeume, ao procedemento establecido no seu artigo 7.

Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet: http://aae.medioambiente.xunta.es/

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental