A xefa do Servizo de Inspección do Litoral da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 5 de xullo de 2012, acordou a incoación do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade núm. SIL/100/2012 a José Manuel Maceiras Fernández, por actuacións abusivas sen a preceptiva autorización autonómica dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Punta Corveiro-Noalla, termo municipal de Sanxenxo (Pontevedra).
Ao non poderse realizar a notificación persoal do dito acordo, mediante a presente cédula e, ao abeiro do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o dito acordo.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica está á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere convenientes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que se pretenda valer.
Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2012
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG nº 59, do 27 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística