Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2012 Páx. 32142

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 17 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a notificación do acordo de inicio do expediente de reintegro, dunha parte do anticipo á conta, da subvención concedida para a realización dunha acción formativa dirixida ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio de 2010, regulada na Orde do 28 de decembro de 2009 (Diario Oficial de Galicia núm. 253, do 30 de decembro), relativa ao expediente TR301K, 2010/143-1.

Intentada a notificación do citado acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á entidade beneficiaria, o contido do acordo que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para que poida realizar as alegacións e presentar a documentación que considere oportuna, no prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación.

Á vista das alegacións e da documentación achegada, ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, ditarase a resolución que corresponda respecto ao reintegro dunha parte do anticipo á conta da subvención concedida.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9-1º, 15008 A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 17 de xullo de 2012

Luis Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Núm. de expediente: TR301K, 2010/143-1.

Nome ou razón social: Torremar Soc. Coop. Responsabilidad Ltda.

CIF/NIF: F15039803.

Último enderezo coñecido: rúa Concepción Arenal, 73-75 baixo, 15578 Narón (A Coruña).

Tipo de axuda: subvención para a realización dunha acción formativa dirixida prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio de 2010.

Contido: acordo de inicio do expediente de reintegro.

Data do acordo: 18.5.2012.