Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2012 Páx. 32134

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2010, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Páramo (expediente IN407A 2009/171-2, 7422 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Concello do Páramo.

Domicilio social: avda. Torre, nº 1, 27166 O Páramo, Lugo.

Denominación: CTA de 160 kVA para subministración en BT a unha estación de bombeo de auga.

Situación: concello do Páramo.

Características técnicas:

– LMTA a 20 kV con orixe no apoio nº 15 da LMT Penaboa-Moscán e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 45 metros de conductor tipo LA-56.

– CT aéreo sobre apoio de formigón, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 9 de febreiro de 2010

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo