Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2012 Páx. 31820

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2012 pola que se modifica a Resolución do 27 de xullo de 2012, pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario e procedemento aberto con varios criterios de valoración, para a adxudicación do contrato administrativo, suxeito á regulación harmonizada, de servizo para a asistencia técnica á dirección da explotación de obras hidráulicas na Comunidade Autónoma de Galicia 2012 (clave AT/188).

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 147, do 2 de agosto de 2012, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 31050, na liña 10, referida á data límite de presentación de ofertas ou de solicitudes de participación, onde di: «a) Data límite de presentación: 17 de setembro de 2012», debe dicir: «a) Data límite de presentación: 24 de setembro de 2012».

Na páxina 31051, na liña 5, referida á data e á hora de apertura do sobre B, onde di: «d) Data e hora: 28 de setembro de 2012», debe dicir: «d) Data e hora: 8 de outubro de 2012».

Mantense invariable o resto do contido do anuncio de licitación non afectado pola presente corrección.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2012

P.D. (Resolución 30.1.2012, DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia