Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2012 Páx. 31837

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mazaricos

ANUNCIO de información pública (expediente de Elisa Baña Atán).

Faise público que Elisa Baña Atán solicitou licenza para desenvolver a actividade de ampliación e mellora da explotación gandeira existente mediante a construción de silo para almacenar forraxe en verde, plataformas de formigón e almacén en Quintáns-Corzón, comprendida no ámbito de aplicación do Decreto 133/2008, do 12 de xuño de 2008, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

Presentada a solicitude e documentación anexa requirida pola normativa e para os efectos de cumprir o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, o expediente de referencia exponse ao público por un período de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia correspondente e exposición no taboleiro de anuncios do concello.

Deste xeito todos os interesados ou afectados pola actividade obxecto deste expediente poden consultalo nas dependencias municipais e efectuar as alegacións ou observacións que consideren pertinentes.

Mazaricos, 2 de agosto de 2012

José M. Santos Maneiro
Alcalde