Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2012 Páx. 31816

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación dun contrato.

En cumprimento do previsto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome da Conselleira de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlle publicidade á adxudicación que se indica a continuación:

Obra de reforma do centro para aulas no CEIP Rosalía de Castro do Grove (Pontevedra). Cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Adxudicatario: Sercoysa Proyectos y Obras, S.A.

Orzamento: 183.015,13 euros (IVE incluído).

Data de adxudicación: 13 de xullo de 2012.

Data de formalización do contrato: 18 de xullo de 2012.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2012

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria