Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2012 Páx. 31778

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan as persoas interesadas nos recursos contencioso-administrativos 4576/2011 e 4575/2011, contra o Decreto 187/2011, do 29 de setembro, polo que se suspende parcialmente a vixencia do Plan xeral de ordenación urbana do concello de Ourense e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento.

Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos número P.O. 4575/2011, interposto pola Xunta de Compensación da Área de Repartición 47-E rúa da Roda, e P.O. 4576/2011, interposto por Xardín das Burgas, contra o Decreto 187/2011, do 29 de setembro, polo que se suspende parcialmente a vixencia do Plan xeral de ordenación urbana do concello de Ourense e apróbase a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento.

Para os efectos de cumprir o solicitado no devandito escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia os días 8 de maio e 24 de abril de 2012, respectivamente.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2012

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas