Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2012 Páx. 31752

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 24 de xullo de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución ditada no recurso de alzada interposto por Alejandra María Lemus González.

Con data do 6 de xullo de 2012 a conselleira de Facenda ditou resolución pola que se estima o recurso de alzada presentado por Alejandra María Lemus González contra a Resolución de 14 do maio de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2011 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal da Xunta de Galicia.

Tentada por dúas veces a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificación, esta non se puido efectuar e foron devoltas polo dito servizo por ausente na repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifica a Alejandra María Lemus González a resolución antes referida.

A interesada pode recoller a respectiva resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1, 3º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer a interesada recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme aos artigos 8 e 14.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública