O Concello de Lugo considerou conveniente organizar correctamente a súa bandeira municipal e, de acordo coas facultades que lle confiren as disposición legais vixentes, elevou a proposta e o informe histórico-heráldico, coas correspondentes representacións gráficas, para a súa aprobación definitiva.
A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos emblemas heráldicos e bandeiras dos concellos e doutras entidades locais correspóndelle á Comunidade Autónoma galega, segundo o disposto polo artigo 27.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.
O expediente tramitouse conforme as normas de procedemento establecidas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia; no Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia, e no Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporación locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 10 de decembro.
Na súa virtude, unha vez visto o informe emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, por proposta do titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e seis de xullo de dous mil doce,
DISPOÑO:
Artigo único
Aprobar a bandeira do Concello de Lugo, que figura como anexo, organizada de conformidade co seguinte brasonamento:
Sobre o pano branco as armas da cidade, sostidas por dous leóns enfrontados de amarelo, linguados e armados de vermello.
Santiago de Compostela, vinte e seis de xullo de dous mil doce
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza