Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2012 Páx. 31823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN de 8 de xuño de 2012, do presidente do ente público Portos de Galicia, pola que se somete a información pública a delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Rianxo (A Coruña).

O ente público Portos de Galicia elaborou a delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Rianxo (A Coruña), en cumprimento do artigo 69 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable aos portos competencia da Comunidade Autónoma de Galicia na falta de lexislación autonómica propia.

Este documento, xunto co seu informe de sustentabilidade ambiental conforme o documento de referencia aprobado por Resolución do 9.12.2010, do secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sométese a información pública para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas, para o que dispoñen do prazo de 2 meses que se contarán a partir do día seguinte da data da publicación deste anuncio.

As reclamacións poderán ser presentadas nas oficinas dos servizos centrais deste ente público, situadas na praza de Europa, nº 5A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas da zona centro de Portos de Galicia, avda. Alférez Provisional, 5, 1º, 15006 A Coruña, onde se poderán tamén examinar os documentos referidos durante o prazo indicado e nos días hábiles das 9.00 ás 14.00 horas. Así mesmo, a dita documentación estará dispoñible na web www.portosdegalicia.com, na epígrafe de pregos e documentos.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia