Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2012 Páx. 31533

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barbadás

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Barbadás no ámbito do AR-10.

O Concello de Barbadás está a tramitar a modificación puntual do PXOM de Barbadás con ordenación detallada, no ámbito do solo urbano non consolidado do AR-10.

O Pleno ordinario do 2 de xullo de 2012 acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM no ámbito do AR-10 e proceder á súa exposición pública mediante a publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión na provincia.

Exponse ao público este expediente durante o prazo de dous meses, de conformidade co disposto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, coas súas posteriores modificacións.

Todas as persoas que se consideren afectadas poderán examinar o expediente na Secretaría deste concello, das 9.00 ás 13.00 horas desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, e formular as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

Barbadás, 4 de xullo de 2012

José Manuel Freire Couto
Alcalde