Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2012 Páx. 31521

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 19 de xullo de 2012 pola que se notifica a resolución do procedemento sancionador e de reposición da legalidade urbanística (S-2011/036-P), devolta polo servizo de Correos por resultar a destinataria ausente na repartición.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data 25 de xuño de 2012, ditou, por substitución da directora da axencia, resolución derivada do expediente sancionador e de reposición da legalidade núm. S-2011/036-P, que lle foi incoado, entre outros, a Lumoar, S.L., pola realización de obras abusivas executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Praia de Bon, termo municipal de Bueu (Pontevedra).

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución ao interesado, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber a interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situada no Edificio Witland, 1º andar-Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10 ) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso de reposición, poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da presente notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela ou ante a circunscrición onde o recorrente teña o seu domicilio, conforme o disposto no artigo 14.1º, regra segunda da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación de resolución á destinataria arriba indicada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2012

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG nº 59, do 27 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística