Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2012 Páx. 31518

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 19 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, polo que se lle dá publicidade á Resolución do 5 de xullo de 2012, pola que se ratifican os estatutos da confraría de pescadores de Vilaboa Pedra da Oliveira.

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro fai público para coñecemento xeral que, por Resolución do 5 de xullo de 2012, foron ratificados os estatutos da confraría de pescadores de Vilaboa Pedra da Oliveira e ordenada a súa inscrición no Rexistro de Confrarías de Pescadores e das súas Federacións, dando así cumprimento ao artigo 4.4 do Decreto 261/2002, do 30 de xullo, polo que se aproban as normas reguladoras das confrarías de pescadores e as súas federacións.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2012

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro