Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2012 Páx. 31501

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Ordes (expediente IN407A 54/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CTC e RBT Paraíso II.

Situación: Ordes.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión soterrada (LMTS) a CTC Paraíso II, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,652 km, con condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV-3(1×240) Al, con orixe en empalmes que se van realizar en LMTS SME-809, entre CTC Paraíso (expediente 2001/195) e CT Instituto (expediente IN407A 1998/169) e final na mesma liña unha vez entre e saía do CT Paraíso II proxectado.

Liña eléctrica de media tensión soterrada (LMTS) a CTC Enlace SIG-802, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,025 km, con condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV-3(1×240) Al, con orixe no CT Paraíso II proxectado e final en apoio existente da LMTA SIG-802 anterior ao CT Paraíso (expediente 27.211), que se vai desmontar.

Centro de transformación (CT) prefabricado Paraíso II, cunha potencia de 250 kVA, con celas compactas 3L+1P, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Saídas de baixa tensión soterradas do CT Paraíso II, cunha lonxitude de 0,140 km, composta por dous circuítos, con condutor tipo XZ1 0,6/1 kV, 4(1×240) Al, con orixe no CT Paraíso II proxectado e final nas redes de baixa tensión aéreas existentes, no concello de Ordes.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben cando, intentada a notificación, non se puidese realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

A Coruña, 10 de xullo de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 54/12. Concello: Ordes. Provincia: A Coruña.

LMTS, CTC e RBT Paraíso II.

Afección CT

Nº predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos Enderezo

m2

1

Paraiso

Labradio

-Elena Mirás Mariño

Rosalía de Castro, Sta. María de Ordes, nº 43, 15680 Ordes,

A Coruña

Centro transf.

37