Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2012 Páx. 31465

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

Na sesión que tivo lugar o día 27 de xullo de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 11 de outubro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Desestimar todas as alegacións presentadas en relación coas puntuacións do terceiro exercicio.

Segundo. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra estes acordos poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2012

Mª José García Sexto
Presidenta do tribunal