O 25 de abril de 2012, o presidente de Portos de Galicia adxudicou a José Barros Cuervo o procedemento aberto (sistema multicriterio) para a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario do porto de Vilanova de Arousa para a instalación de subministración de combustible a embarcacións, segundo documentación técnica consistente no proxecto básico de instalación de subministración de combustible en Vilanova de Arousa, redactado polo enxeñeiro industrial Juan José Ventoso Pacheco en xaneiro de 2012, e a documentación relativa ás referencias técnicas da explotación.
En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza de Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web portosdegalicia.com
Santiago de Compostela, 16 de maio de 2012
José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia