Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2012 Páx. 31429

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual nº 15 das normas subsidiarias de planeamento deste concello.

Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión do día 23 de xullo de 2012, a modificación puntual nº 15 das NN.SS. de planeamento deste Concello, con ordenación detallada a nivel de planeamento parcial dun sector de solo urbanizable industrial, no lugar de Currás, parroquia de Caleiro, cuxo contido se integra na documentación da dita modificación puntual, en cumprimento do disposto nos artigos 237.2 e 85.2 da Lei 9/2002, LOUGA, na redacción dada pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, ábrese un trámite de información pública de dous meses contados a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vilanova de Arousa, 27 de xullo de 2012

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde