Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2012 Páx. 31392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración de fondos históricos procedentes da hemeroteca da Editorial Compostela, S.A. para a Biblioteca de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Dirección da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de fondos históricos procedentes da hemeroteca da Editorial Compostela, S.A. para a Biblioteca de Galicia: 1.168.272 fotografías dixitalizadas e unha colección de prensa escrita (43 tomos de El Eco de Santiago).

1.3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

1.4. Orzamento base de licitación: 130.000 €, IVE excluído.

1.5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 12 de xullo de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 16 de xullo de 2012.

c) Contratista: Editorial Compostela, S.A.

d) Importe de adxudicación: 130.000 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa por razón de exclusividade conforme os artigos 170.d) e 173.a) do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2012

P.D. (Orde 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria