Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2012 Páx. 31368

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 17 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada RA/VI/2012/00184, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do recurso de alzada RA/VI/2012/00184, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, o interesado dispón dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 5, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña.

Fáiselle saber que contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, de conformidade cos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma.

Reclamante: Luis Carlos Gil López; expediente: RA/VI/2012/00184; tipo de resolución: inadmisión a trámite.

E para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2012

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas