Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2012 Páx. 31356

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 18 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Francisco, José María e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible practicar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, polo presente anuncio emprázanse os interesados sinalados no anexo para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Facenda de Vigo, con enderezo na rúa Concepción Arenal nº 8, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 18 de xullo de 2012

P.S. (Orde 1.12.2009)
David Maceiras Rial
Xefe do Servizo de Xestión Tributaria

ANEXO

Interesado

NIF/CIF

Órgano tramitador

Procedemento

Francisco, José María

X5086320P

Servizo de Inspección Tributaria

Acordo de inicio-proposta de resolución expediente sancionador por infracción tributaria

Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Exercicio: 2008

Francisco, José María

X5086320P

Servizo de Inspección Tributaria

Acta de desconformidade nº 54/2012/00119-0106 e informe ampliatorio

Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Exercicio: 2008

Niagan, S.L.

B36951770

Servizo de Inspección Tributaria

Requerimento información tributaria

Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Expte.: T 17348/08

Exercicio: 2008