Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2012 Páx. 31351

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo P.O.4579/2012, interposto por Zoila Milagros Molina Bouza.

A Secretaría Xeral da Emigración recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o oficio en que se solicita a remisión do expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo interposto por Zoila Milagros Molina Bouza contra a resolución desta secretaría, do 28 de marzo de 2012, que rexeitaba o recurso de reposición contra outra do 9 de novembro de 2011, ditada no expediente PR905 2011/103-0.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2012

J. Santiago Camba Bouzas
Secretario xeral da Emigración