Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2012 Páx. 31268

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2012 pola que se emprazan as partes interesadas no procedemento abreviado 112/2012 interposto por Paula Alexandre Teixeiro.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña tramítase o procedemento abreviado número 112/2012, interposto por Paula Alexandre Teixeiro fronte á Universidade da Coruña, no cal solicita a declaración de nulidade do exame/proba realizada o 16.11.2011, a realización ou repetición da proba de novo, o retrotracción das actuacións ata ese momento, a recusación dos membros do tribunal que incumpriron as normas do proceso selectivo e as custas.

Prazas de técnicos de grao medio en normalización lingüística convocadas por Resolución do 13.1.2011 e do 23.3.2011.

Notifícase isto para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, que conta a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 17 de xullo de 2012

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña