Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2012 Páx. 31198

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 18 de xullo de 2012 pola que se declara apto na fase de prácticas un opositor do procedemento selectivo convocado pola Orde do 9 de abril de 2007.

A Orde do 9 de abril de 2007 (DOG do 13 de abril) pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios de carreira dos anteditos corpos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Pola Orde do 3 de agosto de 2007 (DOG do 23 de agosto) faise pública a relación dos opositores que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 9 de abril do mesmo ano.

Contra a antedita orde, Alfredo Yáñez López interpuxo recurso contencioso-administrativo, sobre o cal ditou setenza estimativa a Sala do Contencioso-Administrativo.

Por Resolución do 29 de agosto de 2011 do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria noméase a Alfredo Yáñez López funcionario en prácticas na especialidade de Fotografía do corpo de profesores de artes plásticas e deseño.

Finalizada a fase de prácticas e vista a proposta afectada pola comisión avaliadora esta consellería

DISPÓN:

Único. Declarar apto na fase prácticas e aprobado definitivamente ao opositor Alfredo Yañez López.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria