Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2012 Páx. 31235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ribeira (expediente IN407A 78/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS a CT urbanización rúa Manzanares 124 e novo CT Fontán.

Situación: concello de Ribeira.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,065 km, con orixe na LMTS subestación Palmeira-Ribeira (expediente 608/07), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3 (1×240 Al), e final en cela de liña que se instalará no novo CT Fontán, tras realizar entrada e saída no CT proxectado Urbanización rúa Manzanares, nº 124.

Adecuación liña eléctrica de media tensión subterránea Palmeira-Fontán liña cero, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,047 km, con orixe en punto de acceso que se intercalará na LMT subterránea Palmeira-Fontán (expediente 539/00), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3 (1×240 Al), e final en cela de liña que se instalará no novo CT Fontán.

Adecuación liña eléctrica de media tensión subterránea Palmeira-Ribeira PMR-801, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,057 km, con orixe en punto de acceso que se intercalará na LMT subterránea PMR-801 do proxecto reordenación de circuítos en CR Fontán (expediente 43/09), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3 (1×240 Al), e final en cela de liña que se instalará no novo CT. Fontán.

Adecuación liña eléctrica de media tensión subterránea Palmeira-Ribeira PMR-802C, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,057 km, con orixe en punto de acceso que se intercalará na LMT subterránea PMR-802C do proxecto reordenación de circuítos en CR Fontán (expediente 43/09), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3 (1×240 Al), e final en cela de liña que se instalará no novo CT Fontán.

Adecuación liña eléctrica de media tensión subterránea Palmeira-Padín-Fontán PMR- 803, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,080 km, coa orixe en punto de acceso que se intercalará na LMT subterránea PMR-803 do proxecto reordenación de circuítos en CR Fontán (expediente 43/09), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3 (1×240 Al), e final en cela de liña que se instalará no novo CT Fontán, tras realizar entrada e saída en CT. Conresa (expediente 78/04).

Adecuación liña eléctrica de media tensión subterránea Fontán-Aguiño PMR-803, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,047 km, con orixe en punto de acceso que se intercalará na LMT. subterránea PMR-803 (circuíto a Aguiño) do proxecto reordenación de circuítos en CR Fontán (expediente 43/09), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3 (1×240 Al), e final en cela de liña que se instalará no novo CT Fontán.

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Novo centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 630 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 4 de xullo de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña