Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 31034

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 11 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a Resolución do 15 de xuño de 2012 de non concesión de axuda ou subvención ao programa para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 17 de marzo de 2011, relativa ao expediente TR341D 2011/412-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que pon fin á vía administrativa contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 11 de xullo de 2012

P.A. (artigo 40.2.1. e Decreto 109/2012, do 22 de marzo)
Vicente Correa Díaz
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2011/412-2.

Nome: Berta María Fernández Vizoso.

DNI/NIF: 33995749-R.

Último enderezo coñecido: rúa Pomar, 3, 2º B. 27004 Lugo.

Feito imputado: non realizar a atividade que fundamente a concesión da subvención durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 17.1.a) da Orde do 17 de marzo de 2011, que establece a obriga de realizar a actividade que fundamente a concesión da subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Contido da resolución: non concesión de axuda ou subvención.