Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2012 Páx. 30786

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 210/2012 interposto por José Ángel Suárez Guzmán.

Esta consellería recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela resolución pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo 210/2012 interposto por José Ángel Suárez Guzmán.

O recurso interponse contra as seguintes resolucións ditadas pola daquela Consellería do Medio Rural:

a) Resolución do 19 de xullo de 2011 de cesamento do recorrente no posto que ocupaba de forma definitiva.

b) Resolución do 20 de xullo de 2011 de adscrición provisional do recorrente ao citado posto e,

c) Resolución do 20 de outubro de 2011 pola que se desestima o recurso de reposición interposto contra as anteditas resolucións.

Este procedemento afecta o posto co código MRC992002015190002, ofertado na Orde do 22 de xullo de 2011 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios.

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica resolve, de conformidade co disposto no artigo 49 de Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2012

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar