Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30313

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO sobre a modificación do Plan especial de ordenación da zona de servizo do porto da Coruña (631/75/2012).

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 6 de xullo de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Admitir a trámite con carácter de aprobación inicial a modificación ao Plan especial de ordenación da zona de servizo do porto da Coruña, promovido pola Autoridade Portuaria da Coruña.

Segundo. Someter o documento ao trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nos xornais de maior circulación na provincia.

Terceiro. Ordenar a dilixencia da modificación puntual presentada.

Cuarto. Notificarlles o presente acordo ao promotor da modificación puntual, aos titulares catastrais, aos departamentos municipais de Xestión do Solo, Licenzas e Disciplina Urbanística, Sección de Patrimonio Urbanístico e Oficina do XIS, e Área de Infraestruturas.

Quinto. Solicitar os informes sectoriais necesarios para a tramitación do expediente.

A modificación ao plan especial sométese ao trámite de información pública, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, período durante o cal calquera interesado poderá consultalo e presentar as alegacións que considere oportunas. A consulta pódese efectuar no Servizo Municipal de Urbanismo, Departamento de Planeamento (praza de Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral, de luns a venres, así como na páxina web do Concello.

Os gastos desta publicación serán por conta da Autoridade Portuaria da Coruña

A Coruña, 12 de xullo de 2012

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo