Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2012, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de mantemento dos aparellos elevadores instalados en diversos centros dependentes da Xerencia de Atención Primaria de Lugo (AB-XPL1-12-019).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación Administrativa.

c) Obtención da documentación e información:

1. Dependencia: Xerencia de Atención Primaria de Lugo. Departamento de Contratación Administrativa.

2. Enderezo: praza de Ferrol, nº 11, 4ª planta.

3. Localidade e código postal: Lugo 27001.

4. Teléfonos: 982 29 63 29/982 29 62 29/982 29 70 77/982 29 62 09.

5. Telefax: 982 29 62 28.

6. Correo electrónico:

ContratacionAdm.XAPL@sergas.es ou fermin.janeiro.lopez@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentación e información: último día de presentación de proposicións, todos os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número do expediente: AB-XPL1-12-019.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de mantemento dos aparellos elevadores instalados en diversos centros dependentes da Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si (17 lotes).

d) Lugar de execución/entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: un ano.

f) Admisión de prórroga: si. ver prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 50750000-7.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, de ser o caso: criterios valorables de forma automática por aplicación de fórmulas. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: corenta e seis mil oitocentos oitenta euros (46.880,00 €).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: vinte e tres mil catrocentos corenta euros (23.440,00 €). Importe total: vinte e sete mil seiscentos cincuenta e nove euros con vinte céntimos (27.659,20 €).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo de presentación finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

2. Enderezo: praza de Ferrol, nº 11, planta baixa.

3. Localidade e código postal: Lugo 27001.

4. Enderezo electrónico:

ContratacionAdm.XAPL@sergas.es ou fermin.janeiro.lopez@sergas.es

d) Número previsto de empresas que se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido):

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: mesa de apertura do sobre B.

b) Enderezo: sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Data e hora: a data, hora e lugar de realización da mesa de apertura do sobre B anunciarase no perfil do contratante www.sergas.es e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: o pagamento do anuncio desta licitación será por conta do adxudicatario do contrato.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: non.

12. Outras informacións:

Lugo, 18 de xullo de 2012

Ana Mª García Cedrón
Directora xerente de Atención Primaria de Lugo