Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30248

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 13 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición do dereito mineiro que se cita (nº 5217 Carballeda de Avia) sito no concello de Carballeda de Avia (Ourense).

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria dá a coñecer que foi admitida a trámite, de acordo co RD 107/1995, do 27 de xaneiro, a solicitude da concesión de explotación Carballeda de Avia nº 5217, de 1 cuadrícula mineira, que se sitúa no concello de Carballeda de Avia (Ourense).

A designación do terreo é o seguinte:

Vértice

Lonxitude

Latitude

1

08º 10’ 00”

42º 20’ 00”

2

08º 09’ 40”

42º 20’ 00”

3

08º 09’ 40”

42º 19’ 40”

4

08º 10’ 00”

42º 19’ 40”

A solicitude amparase na reclasificación dos recursos que se viñan explotando na canteira nº 370 Carballeda de Avia, pola que quedan comprendidos na sección C do artigo 3 da vixente Lei de minas do 22/1973, do 21 de xullo.

O que se fai público coa finalidade de que aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente no prazo de trinta días contados a partir da presente publicación, de conformidade co disposto no artigo 70 de Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25.8.1978.

Pasado o dito prazo, non se admitirá oposición ningunha.

Ourense, 13 de abril de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense