Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30239

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 13 de xullo de 2012, do Servizo Provincial de Turismo de Ourense, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de varios establecementos da provincia de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e no Decreto 82/2012, do 23 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos da provincia de Ourense que se relacionan, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os titulares dispoñen dun prazo de quince (15) días para faceren as alegacións que consideren pertinentes, e poderán examinar os expedientes e obter copias dos documentos contidos neles no Servizo de Turismo de Ourense.

Ourense, 13 de xuño de 2012

Manuela Penín López
Xefa do Servizo Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Establecemento: Café-Bar Jabugo.

Titular: Marchena y Compañía, S.A.

Enderezo: rúa Juan de Austria, nº 7-baixo.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar O Agasallo 4.

Titular: Antosonia, S.L.

Enderezo: rúa Progreso, nº 151.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar A Rula.

Titular: José Rodríguez González y otro, S.C.

Enderezo: avda. da Habana, nº 18.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar Josmar.

Titular: José García González.

Enderezo: rúa da Cruz, nº 7.

Concello: Verín.

Establecemento: Café-Bar Maná.

Titular: Salgado y Salgado, S.C.

Enderezo: rúa Río Mao, nº 5.

Concello: Ourense.

Establecemento: Restaurante Casa Bao.

Titular: Eurolimpa Distribuciones, S.L.

Enderezo: rúa Progreso, 155.

Concello: Ourense.

Establecemento: Restaurante A Rula.

Titular: José Rodríguez González y otro, S.C.

Enderezo: avda. da Habana, nº 18.

Concello: Ourense.

Establecemento: Viajes Marsáns.

Titular: Viajes Marsáns, S.A.

Enderezo: rúa Curros Enríquez, nº 1.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar El Edén.

Titular: Carmora Orense, S.L.

Enderezo: estrada de Vigo-Untes.

Concello: Ourense.