Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30296

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 13 de xullo de 2012 pola que se notifica a reclamación de custos ocasionados por reposición de farol de luz pública no porto de Cambados.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia a Claudia de Almeida Ribeiro, con NIE X7948836, como propietaria do vehículo Ford Focus, con matrícula PO-6845-BP, a reclamación dos custos ocasionados pola reposición de farol de luz pública no porto de Cambados, como consecuencia de accidente acaecido o día 27 de novembro de 2011 e documentado en atestado da Policía local, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no ultimo domicilio coñecido sito en rúa Rosalía de Castro, 119-P-02H, 36600 O Carril-Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

O importe dos custos derivados da reposición do farol, executado de maneira subsidiaria por razóns de urxencia, ascende á cantidade de mil cincocentos vinte e cinco con setenta e catro euros (1.525,74 €), IVE incluído.

A reclamación efectúase ao abeiro do artigo 66 do Regulamento de servizo e policía portuarios do 12 de xuño de 1976, e dos artigos 96, 97 e 98 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Na súa virtude, requírese a Claudia de Almeida Ribeiro, con NIE X7948836, para que proceda, nos prazos previstos no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, a abonar a cantidade de mil cincocentos vinte e cinco con setenta e catro euros (1.525,74 €), IVE incluído.

Para o pago da dita cantidade deberá empregarse o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia, sitos en Área Central, praza de Europa, portal 5-A de Santiago de Compostela; número de teléfono 902 40 08 70.

De non aboarse a dita cantidade no prazo sinalado, esta será exixida pola la vía de constrinximento.

O expediente completo encóntrase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia onde poderá ser examinado das 9.00 ás 14:00 horas.

A reclamación que efectúa a dirección do ente público e que ten eficacia executiva non esgota a vía administrativa, polo que contra ela cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente de Portos de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación.

E para que conste e lle sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino y selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2012

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia