Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30166

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baltar

ANUNCIO de información pública sobre a construción de explotación cunícola en Baldorca (Texós).

José Antonio Blanco Carballo solicitou a licenza de construción de explotación cunícola en Baldorca (Texós), Baltar, situada nos predios nº 679 e 680 do polígono 502, sometida a avaliación de incidencia ambiental, e neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, procédese a abrir un período de información pública polo prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para os que se vexan afectados dalgún modo pola dita actividade presenten as observacións que consideren pertinentes tal e como establece o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

O expediente obxecto desta información pode ser consultado polas persoas que se consideren afectadas, nas oficinas municipais, en horario de oficina das 8.30 ás 14.30 horas.

Baltar, 5 de xullo de 2012

José Antonio Feijoo Alonso
Alcalde