Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30138

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 11 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica o emprazamento realizado a un afectado, como consecuencia da admisión a trámite do recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 0000671/2011, interposto por Carlos Tenreiro Barreira.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio, a admisión a trámite do recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 0000671/2011, interposto por Carlos Tenreiro Barreira contra a resolución da Consellería do Medio Rural do día 19 de maio de 2011, pola que se desestima o recurso de alzada contra a resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural do 18 de xullo de 2012, pola que se desestima a solicitude de Carlos Tenreiro Barreira de inscrición de diversos predios e casas que compoñen o lugar denominado Caserío de Tenreiro, no Rexistro de Parcerías e Arrendamentos Rústicos Históricos, por ser devolto polo servizo de Correos.

O interesado poderá comparecer como parte nos autos, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, sección 001 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2012

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: emprazamento.

Interesado: Ramón Rodríguez-Somoza López.

Último enderezo coñecido: Carrera del Conde, nº 10, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña)

Acto notificado:

Como consecuencia da admisión a trámite do recurso contencioso-administrativo interposto por Carlos Tenreiro Barreira, en canto interesado no procedemento, emprázaselle para que poida comparecer como parte nos autos.