Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 28 de maio de 2012 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión das bateas C.M.C. IV e Juan XV.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión das bateas C.M.C. IV e Juan XV e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 2.5.2012, María Elena Dieste Pérez, en representación da unidade de herdeiros de José Mariño Vázquez, solicitou autorización para transmisión da concesión das bateas C.M.C. IV e Juan XV.

Segundo. O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características das bateas é favorable.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG nº 243 do 15 de decembro), e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de María Elena Dieste Pérez (33220325-E) 2/4 privativos, María de las Mercedes Mariño Dieste (52936678-Q) 1/4 privativo e José Mariño Dieste (76966829-C) 1/4 privativo, da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: C.M.C. IV.

Localización:

Cuadrícula nº: 6.

Polígono: C.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 2.9.1968 (BOE/DOG nº 237, do 2 de outubro).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Juan XV.

Localización:

Cuadrícula nº: 38.

Polígono: C.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 25.9.1966 (BOE/DOG nº 237, do 4 de outubro).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: José Mariño Vázquez (33190025-J) e María Elena Dieste Pérez (33220325-E) 100% gananciais.

Novos titulares: María Elena Dieste Pérez (33220325-E) 2/4 privativos, María de las Mercedes Mariño Dieste (52936678-Q) 1/4 privativo e José Mariño Dieste (76966829-C) 1/4 privativo.

Os novos titulares subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 28 de maio de 2012

P.D. (Resolución 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar da Coruña