Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30076

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2012, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de xefatura de grupo de persoal de xestión e servizos na Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG nº 119, do 19 de xuño), modificada pola Orde do 28 de setembro de 2011, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de concurso de méritos, un posto de xefatura de grupo de persoal de xestión e servizos, segundo se especifica no anexo desta resolución.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa orde pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica vixente.

Terceiro. As solicitudes presentaranse, xunto coa documentación que cómpre achegar, sinalada na base segunda, preferentemente no Rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Lugo e, así mesmo, poderán presentarse por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es)

Lugo, 23 de maio de 2012

Ana Mª García Cedrón
Directora xerente da Xerencia de Atención Primaria de Lugo

ANEXO

Denominación do posto: xefe de grupo.

Grupo de clasificación: C1.

Nº de vacantes: 1.