Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30159

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 8 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles notifica ás persoas interesadas que se indican o requirimento de pagamento previo ao inicio dos trámites para a interposición da demanda de execución hipotecaria do expediente de construción PO-91/504, conta 65.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas o requirimento de pagamento que se detalla no anexo.

Pontevedra, 8 de xuño de 2012

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luís Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente de construción: PO-91/504, conta 65.

Nome: José Luis Serantes Suárez e Rosa Gloria Pedrido Táboas.

Enderezo: Polígono de Torneiros, IV fase, bloque 3, portal 7, 2º dereita, O Porriño, Pontevedra.

Asunto: requirimento de pagamento.

Débeda: 5.089,35 €.