Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2012 Páx. 29998

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 5 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia, de varias resolucións de modificación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Cores-Nemeño (Ponteceso, A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 5 de xullo de 2012

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: modificación das bases definitivas.

Acto notificado: Resolución do 16 de abril de 2012.

– Interesados:

Emilio Cousillas Collazo.

Jenara Cotelo Pose.