Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2012 Páx. 29993

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 3 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se emprazan os interesados nos expedientes de subvención para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas número 11150053/2008 e once máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren intentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de correos, notifícánselles aos interesados, que se sinalan no anexo deste anuncio, os acordos de inicio dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento das axudas relativas aos expedientes de subvención números 11150053/2008, 11150069/2008, 11150099/2008, 11150116/2008, 11150143/2008, 11150144/2008, 11150148/2008, 11150231/2008, 11150232/2008, 11150239/2008, 11150263/2008 e 11150276/2008 (Orde do 28 de xaneiro de 2008, pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas).

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situada na rúa San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte á data de finalización deste.

Concédeselles aos interesados un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación do acordo de inicio, para que poidan formular alegacións e presentar a documentación que estimen conveniente aos seus dereitos ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Este anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido dos interesados, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2012

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150053/2008.

Interesado: Jesús Cernadas Pérez.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: apartado de correos 57, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150069/2008.

Interesada: María Orosita Blandina Trillo Lago.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: apartado de correos 57, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150099/2008.

Interesada: Leonor Castro Lema.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: apartado de correos 57, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150116/2008.

Interesada: María Rodríguez García.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: apartado de correos 57, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150143/2008.

Interesado: Manuel Macerias Hermida.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: apartado de correos 58, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150144/2008.

Interesada: María Gloria Fernández Esparís.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: apartado de correos 58, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150148/2008.

Interesado: Jesús Fernández Senra.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: apartado de correos 58, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150231/2008.

Interesada: María Cives Sendón.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: apartado de correos 57, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150232/2008.

Interesado: Manuel Cancela Cives.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: apartado de correos 58, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150239/2008.

Interesado: Manuel Pena Canosa.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: apartado de correos 58, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150263/2008.

Interesado: Manuel Maceiras Hermida.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: apartado de correos 58, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11150276/2008.

Interesado: Manuel Castro Lema.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: apartado de correos 57, 15129 Vimianzo (A Coruña).